CRTVG

Buscar

Confirman os nove meses de cadea para o home que aducira que asaba chourizos para explicar un incendio

Publicado o 26/09/2019 18:24

Alegou que tiña fame, que quentou un chourizo e que, ao momento, xa se prendeu o lume, que intentou sufocalo pero que non o conseguiu. Un argumento que lle valeu tamén ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que confirma a pena de nove meses de cadea imposta pola Audiencia Provincial hai cinco meses.

A fiscalía recorrera pedindo cinco anos de cárcere, ao entender que foi intencionado, que puxo en risco a vida de persoas e que o fixo nun momento de risco extremo de incendio. O tribunal só o considera responsable dun delito de incendio forestal por imprudencia grave. Afirman que non se puido esclarecer se prendeu lume para asar un chourizo, como el mesmo declarou, ou para queimar maleza. Tampouco considera probado que existise grave risco para a vida das persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019