CRTVG

Buscar

Confirmados xa quince positivos nun novo gromo detectado en Ortigueira

Publicado o 20/09/2020 14:49

Esta mañá sóubose que houbo outro positivo máis vencellado a este gromo, o segundo que se produce en ortigueira.

Quince positivos confirmados xa no gromo de Ortigueira. Mentres se fan novas probas, o alcalde pediulles aos veciños compromiso e colaboración para evitar que o virus continúe espallándose pola zona.

O mesón pernace pechado e os veciños tratan de manter as medidas de seguridade.

A alcaldía aconsella prudencia aos veciños. Agora toca facer novas probas ao contorno social e familiar da persoa que deu positivo esta mañá. Con ela xa son quince os afectados.

Destes quince positivos unha persoa permanece na UCI, outra está ingresada no Arquitecto Marcide de Ferrol e outras trece están confinadas nas súas casas con síntomas máis leves.

 

Noticias web

20/09/2020