CRTVG

Buscar

A Feira de Gando de Amio retoma a actividade con medidas estritas de seguridade

Publicado o 27/05/2020 09:49

A Feira de Gando de Amio retomou esta madrugada, logo de máis de dous meses, a actividade comercial. Fíxoo, iso si, con estritas medidas de seguridade para garantir a protección de todos os que participan nela.

O horario de entrada no recinto estableceuse nas 03:00 da madrugada e só se permite o acceso de persoas esenciais para o desenvolvemento do mercado: vendedores, compradores, traballadores da feira e veterinarios.

No acceso ao mercado dispúxose un punto de control ás instalacións que comeza coa desinfección das rodas dos camións, tamén do calzado dos ocupantes do vehículo, aos que ademais se lles toma a temperatura. Máscara e distancia física de seguridade son preceptivas igualmente.

Noticias web

27/05/2020