CRTVG

Buscar

Estudan a obrigatoriedade das máscaras en todos os espazos públicos

Publicado o 13/05/2020 08:47

O uso obrigatorio de máscaras podería estenderse a calquera espazo público. O Goberno e as comunidades autónomas estudan esta posibilidade, sometida a consulta na última xuntanza do Consello Interterritorial de Sanidade realizada o luns.

Na actualidade, é de uso obrigado a máscara no transporte colectivo, aínda que as autoridades sanitarias tamén a recomendan en calquera espazo público. Preguntado a respecto diso, o director do Centro de Alertas Sanitarias, Fernando Simón, explicou: "Sobreactuar na prevención de riscos pode estar ben, pero creo que hai que incidir noutros aspectos". E puntualizou que "a mellor máscara son dous metros de distancia". 

Unha situación que de producirse contaría con algunhas excepcións. Países como Italia e Alemaña xa consideran as máscaras coma un elemento esencial na loita contra o coronavirus. Un plantexamento co que coinciden varias comunidades autonómas e concellos.

A desescalada deixa imaxes de aglomeraciones que xogan en contra da loita contra a pandemia. Polo que cada día son máis os políticos que coinciden en inclinarse por apoiar que sexa obligatoria a máscara precisamente para evitar rebrotes da COVID.

 

Noticias web

13/05/2020