CRTVG

Buscar

Coñecemos tres exemplos de superación neste Día Mundial das Mulleres Rurais

Publicado o 15/10/2020 14:54

O anuncio dunha norma para a equiparación salarial entre homes e mulleres nun prazo de seus meses abre unha xanela de esperanza. É sen dúbida unha das grandes reivindicacións que se poden facer nunha xornada como a de hoxe, en que se celebra o Día Mundial da Muller Rural.

Cada historia é un exemplo. O de Rosa, levar case 30 anos impulsando accións formativas.

Xulia ten unha empresa de servizos agrícolas e dedícase á viticultura na zona do Ribeiro. Decidiu seguir os pasos dos seus antepasados hai xa tres décadas. Di que as cousas mudaron moito desde entón.

Sandra era economista. Casou e decidiu apostar polo rural, cunha granxa e elaborando xeados. Cre que o gran problema é conciliar.

Coma elas, milleiros de mulleres rurais galegas celebran este día traballando e poñendo así en valor o seu papel na sociedade.

 

 

Noticias web

15/10/2020