Condenan un veciño de Ourense a 19 anos de prisión por abusar dos seus sobriños
Publicado o 21/10/2020 14:22

19 anos no cárcere por abusar sexualmente dos seus sobriños. É o futuro que lle espera a un veciño de Ourense. A Audiencia Provincial considera acreditados os feitos porque cre a versión dos dous menores, corroborada tamén polas probas periciais. Considera probado o tribunal que se valeu da idade das vítimas e da súa relación familiar de superioridade.