CRTVG

Buscar

Condenan o Sergas a pagar 44.000 euros á familia dun falecido vigués ao que lle diagnosticaron tarde un pneumotórax

Publicado o 18/05/2020 19:21
Condenan o Sergas a pagar 44.000 euros á familia dun falecido vigués ao que lle diagnosticaron tarde un pneumotórax

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago ditou unha sentenza en que estima parcialmente un recurso presentado pola familia dun paciente transplantado de pulmón de Vigo, que faleceu a causa do diagnóstico tardío dun pneumotórax (que derivou nunha infección), e condena o Sergas e a súa aseguradora a pagar unha indemnización de 44.000 euros máis xuros. 

Segundo a sentenza (que non é firme), os servizos médicos do Sergas incorreron nunha grave demora, ao non detectar un pneumotórax cando o paciente acudiu a Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. O problema foi diagnosticado unha semana despois, cando a situación do home xa empeorara de forma irremediable.