Condenado un taxista vigués por distribuír droga a domicilio
Publicado o 10/12/2020 15:46
Un taxista de Vigo acabou pagando moi cara unha carreira pola que ía cobrar 10 euros. O home foi condenado a dous anos de cárcere e 250 euros de multa por ir comprarlle catro doses de cocaína a un cliente e levarllas á sua casa en Travesía, en pleno confinamento.
O taxista aceptou a pena despois de recoñecer os feitos. Alegou que cometera un erro e que actuara por necesidade pola complicada situación económica na que se atopaba debido á pandemia. O home fora detido pola policía cando levaba a droga á casa do cliente.
Máis sobre Vigo
10/04/2021 14:55
09/04/2021 11:38