CRTVG

Buscar

Condenado por prevaricación a ano e medio de cárcere o alcalde de Cerceda

Publicado o 04/01/2019 15:11

Condenado o alcalde de Cerceda a ano e medio de cárcere e dezaseis de inhabilitación para cargo público. O xuíz Antonio Vázquez Taín considera que José García Liñares mais o arquitecto municipal cometeron un delito de prevaricación e de fraude na adxudicación dun contrato municipal por valor de 9.500 euros, cartos que deberán devolver ás arcas públicas. García Liñares, rexedor dende hai 24 anos, solicitou en setembro a suspensión de militancia no PSOE para afrontar o xuízo. Xa anunciou que vai recorrer a sentenza.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/01/2019