CRTVG

Buscar

Condenan un home por abusar sexualmente da filla menor da súa parella

Publicado o 30/06/2020 20:58

Dous anos de cárcere para o home acusado de abusar sexualmente da filla de 16 anos da que fora a súa parella no 2011. O acusado recoñeceu ante o xuíz que sometera a tocamentos e distintos actos de carácter sexual a rapaza.

Nunha vista por conformidade na sección quinta da Audiencia de Vigo, a Fiscalía rebaixou a petición inicial de 5 anos e o xuíz resolveu a suspensión da condena de prisión por seis anos de liberdade vixiada, tendo en conta a atenuante de que o acusado xa pagou 1.000 dos 12.000 euros da indemnización á vítima.

Entre o 2011 e o 2014 o acusado mantivo unha relación coa nai da rapaza, que tiña daquela 16 anos. Segundo os feitos recoñecidos, o acusado valeuse da confianza coa menor, que tiña unha mala relación cos seus pais, para abusar dela.

O tribunal acordou que o acusado estea seis anos en liberdade vixiada, coa prohibición de comunicarse coa vítima e achegarse ao seu domicilio e ao lugar onde estuda. Tamén terá que participar en programas de educación sexual.

Noticias web

30/06/2020

Máis sobre Vigo