CRTVG

Buscar

Condenado a 5 anos de prisión por acoitelar un home que empurrou a súa parella

Publicado o 07/09/2020 15:40

Os feitos sucederon en outubro de 2018 no exterior dun bar da Coruña. O agresor acoitelou a vítima con varias puñaladas no tórax e no abdome, despois que este empurrara levemente a súa parella no medio dunha dunha discusión.

Tanto a Fiscalía como a acusación particular imputábanlle un delito de homicidio en grao de tentativa. Finalmente, as partes chegaron a un acordo de conformidade, polo que se lle impón ao acusado a pena máis baixa por unha atenuante de drogodependencia. O agresor deberá cumprir ademais unha orde de afastamento da vítima durante 8 anos.

Como consecuencia das coiteladas, o agredido sufriu feridas de extrema gravidade e estivo case dous meses hospitalizado. O agresor permanecía en prisión provisional desde outubro de 2018, actualmente no cárcere de Teixeiro.

Noticias web

07/09/2020