CRTVG

Buscar

Conde pídelle ao Goberno que rectifique as condicións da nova poxa eléctrica

Publicado o 04/12/2019 15:26

As condicións fixadas polo Goberno para a nova poxa eléctrica deste mes de decembro poñen en risco a continuidade de empresas como Alcoa-San Cibrao ou Ferroatlántica en Sabón. O conselleiro de Economía di que a situación é de emerxencia e pídelle ao Goberno que rectifique.

Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria. "O Goberno non ten axenda industrial, o Goberno ten unha política enerxética que está penalizando a industria electrointensiva, e o que agardamos é que haxa unha rectificación inmediata porque os postos de traballo corren un claro risco de non poder manterse. Nestes momentos, Alcoa en San Cibrao e Ferroatlántica en Sabón están nunha situación límite"

Noticias web

04/12/2019