CRTVG

Buscar

Conde chama dende Monforte a non baixar a garda ante os incendios forestais

Publicado o 07/09/2019 12:15
Conde chama dende Monforte a non baixar a garda ante os incendios forestais

O conselleiro de Industria visitou as zonas máis afectadas polo incendio forestal de Monforte. Francisco Conde quixo agradecer en persoa o esforzo levado a cabo polos equipos de extinción de incendios e tamén a colaboración dos veciños.

Conde salientou a importancia da coordinación no traballo contra o lume das distintas administracións e fixo un chamamento a toda a sociedade para que non se baixe a garda ante os incendios forestais. O conselleiro lembrou que o monte é parte fundamental do patrimonio de Galicia.

"Un incendio é unha situación límite, e hai que agradecer ese esforzo que permitiu controlar nun tempo razoable o lume. Sobre todo tendo en conta as condicións climatolóxicas que tiñamos, con ventos de máis de 35 quilómetros hora."

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/09/2019