CRTVG

Buscar

Con 17 positivos, Melide realiza hoxe a segunda fase do cribado masivo a mozos

Publicado o 20/08/2020 14:58

O centro de saúde de Melide acolle este xoves á tarde a segunda fase do cribado a persoas de entre 18 e 30 anos. 478 mozos sometéronse onte ás probas PCR, e hoxe están chamados a facelo máis de 200.

O obxectivo do estudo é conter o gromo detectado nun primeiro momento con 4 mozos. Un cribado masivo para detectar posibles casos asintomáticos de coronavirus, e evitar así a transmisión comunitaria.

Sanidade lembra que aqueles mozos de entre 18 e 30 anos, con médico asignado en Melide, que non foran citados polo Sergas, poden achegarse ao centro de saúde entre as 4 e as 8. Deberán levar a tarxeta sanitaria e o DNI para que lles realice a toma de mostras.

Noticias web

20/08/2020