CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

"Compostela ilustrada" bota o peche cos debuxantes tomando o Obradoiro

Publicado o 12/11/2017 14:58






Guiados por profesionais de longa traxectoria e por figuras emerxentes na escena internacional da ilustración, douscentos debuxantes de toda España, Portugal e Francia compartiron hoxe traballo na praza do Obradoiro.
Coma un "comando pacífico", armado unicamente de lapis e cadernos, tomaron durante unhas horas desta mañá un dos máis singulares conxuntos urbanos da vella Europa:

"Compostela é súper atractiva, moi debuxable, hai temas en calquera sitio que poñamos a mirada... E logo está a escala. É unha escala moi humana este encontro".

Foron tres xornadas con dirección de Miguelanxo Prado e un programa que incluíu exposicións, talleres, presentacións de libros e, de xeito fundamental, traballo a pleno aire.
O encontro trouxo tamén a Compostela un achegamento ás miniaturas do Códice Calixtino desde o século XXI, a cargo dun dos vinte e cinco embaixadores no mundo do caligrafitti... unha técnica que une caligrafía e graffiti e ten moito de palimpsesto:

"Ao final, engadir esa caligrafía que eu fago en diferentes capas, ao final é un traballo que leva moitas capas que se van superpoñendo unhas sobre outras".

A conclusión de tres xornadas de labor conxunto, e o mellor recordo delas, é o caderno que cada participante exhibía na foto de familia, a pé da catedral e coa promesa: de hoxe nun ano.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí