CRTVG

Buscar

Compostela Aberta critica a distribución das dedicacións exclusivas dos edís do concello

Publicado o 28/06/2019 21:07

O Concello de Santiago aprobou, a proposta do alcalde Sánchez Bugallo, as dedicacións exclusivas de toda a corporación municipal. Todo o executivo municipal terá dedicación exclusiva. Na oposición o PP terá dúas, O BNG unha e Compostela Aberta unha e media. Precisamente esta repartición provocou as queixas da formación de Martiño Noriega. O alcalde saínte dixo sentirse prexudicado por ter as mesmas dedicacións exclusivas que tivo o Partido Socialista no anterior mandato cun concelleiro menos dos que agora ten Compostela Aberta.
 

Noticias web

28/06/2019

Máis sobre actualidade