CRTVG

Buscar

Como facer contrasinais seguros para Internet

Publicado o 02/05/2019 22:48

Nesta páxina web podemos saber se as nosas contas en Internet están comprometidas. Se alguén accedeu aos nosos datos sen nós sabelo. E o máis seguro é que dea positivo, porque 9 de cada 10 contrasinais son pouco seguros. 

Rafa Villaverde, Infonet: "Habitualmente usamos cousas cotiás, como o DNI, o nome da mascota, a data de nacemento, da empresa, dun familiar. Estas son prácticas que non deberiamos usar. Incluso a práctica de poñer un post it na empresa".

Para ter un bo contrasinal debemos alternar números e letras, maiúsculas e signos. Pero hai máis consellos.

"Trato de que sexa algo significativo só para min e non para os demais, así que non van ter unha intuición do que poida ser". "Nada que sexa evidente, nin data nin nada importante, calquera parvada, unha palabra cunha data ou un símbolo especial".

Tamén é importante que o contrasinal teña un mínimo de 13 caracteres. 

Rafa Villaverde, Infonet: "E a partir de 13 caracteres considérase seguro porque a potencia de cálculo precisa para probar combinacións de letras e números a partir de 13 pode levar anos descifrar ese contrasinal".

Hai que cambiar as claves periodicamente e non usar a mesma para todo. E o gran truco do profesional: poñer un 'ñ' na súa nova clave. Os teclados rusos, chineses e saxóns non teñen este caracter, así que o noso contrasinal será moito máis seguro contra os ataques.

Noticias web

02/05/2019