CRTVG

Buscar

Como é o día a día dun directivo?

Publicado o 27/02/2020 15:49

Imaxinen que se lles dá a posibilidade de coñecer en primeira persoa como é o día a día dun executivo. Pois iso é o que ofrece o programa Directivos por un día, grazas ao cal os universitarios poden acompañar un directivo durante toda unha xornada.

Preparándonos para entrevistar unha universitaria metida entre altos executivos.

"Son Iria Taboada Asorey. Estou pasando o día co conselleiro de Economía no programa Directivos por un día".

Francisco Conde é un dos 120 directivos de Galicia que participan neste programa da Asociación Española de Directivos.

"Que, neste caso, Iria poida vivir en primeira persoa unha experiencia do que é un día ordinario dun conselleiro". "Vese moi movido, así que nos espera un día longo por diante, e con moitas ganas".

"É moi distinto. Nunca estivera nun ambiente coma este, pero estou desexando coñecelo e aprender moito deste día". "Que gran oportunidade, non?".

E máis coche para Iria. E máis coches para nós. Con Lucía, outra directiva por un día.

"Estou pensando se opositar ou dedicarme ao mundo da empresa".

E acompaña a María, conselleira delegada do Grupo Caeiro.

"O traballar nunha empresa veno como algo ambiguo. Pero necesitámolos na empresa, por iso quero que veñan aquí e vexan o que é".

Estudantes que vexan o que é unha xuntanza de traballo e mesmo participen nela. Estudantes que coñezan o labirinto dunha empresa.

"Estou vendo experiencia, gana de traballar, e xa me apetece dicir que non oposito e entro no mundo da empresa".

E tamén os directivos din vivir un cambio neste intercambio.

"Aprendo outra visión, a dunha estudante".

"Absorbo todo o que podo deles".

Ata maio, pode que ao fondo dos que van diante aparezan algúns dos que veñen detrás.

Noticias web

27/02/2020