A práctica deportiva non federada cambia coa entrada en vigor das novas restricións
Publicado o 05/11/2020 15:24
Outra das actividades que se vai ver afectada polo endurecemento das medidas é a práctica de deporte non federado.
As cousas cambian, e moito, a partir do sábado, especialmente para a práctica de deportes en espazos pechados. Nos ximnasios e pavillóns dos 60 concellos pechados perimetralmente só se poderá realizar deporte de xeito individual e coa compañía dun monitor sempre que se garden as distancias interpersoais.
Quedan, logo, prohibidas as actividades en grupo dirixidas por un monitor.
En espazos abertos a actividade deportiva tamén será individual a non ser que se trate de persoas conviventes.
Nos concellos alleos ao peche perimetral, o número de persoas para facer exercicio limítase a seis, xa sexa en exterior ou nun recinto pechado.
Máis sobre actualidade
03/03/2021 21:33
03/03/2021 21:27