CRTVG

Buscar

'Commedia' e 'Invisibles' reinan nos XXIII Premios María Casares

Publicado o 22/03/2019 08:14

Mellor espectáculo, mellor vestiario e mellor actor secundario para Marcos Orsi. Eses foron os tres premios de Commedia, un espectáculo que volveu ás táboas co mesmo elenco 25 anos despois da súa estrea. A outra gran vencedora está máis pegada á actualidade.

Invisibles acadou a mellor iluminación, mellor adaptación e mellor dirección para Marián Bañobre polo seu achegamento á violencia machista.

Seguindo esa liña de teatro de corte realista e social, Anatomía dunha serea, de Iria Pinheiro conseguiu dous premios pola súa análise da violencia obstétrica, entre os que estivo o de mellor actriz.

Unha vez máis, o teatro galego amosou o seu compromiso coa lingua e a cultura, e xa van 23 anos.

Noticias web

22/03/2019