CRTVG

Buscar

Comisan nun control de estrada roupa interior falsificada por valor de 9.000 euros

Publicado o 10/01/2020 14:34

A Garda Civil incautouse dunha importante partida de roupa interior falsificada en Vilaboa. En total comisaron 720 calzóns cuxo valor podería superar os 9.000 euros.

A incautación produciuse nun control de vehículos na autoestrada AP-9. Nun dos coches inspeccionados os axentes localizaron a roupa interior con etiquetas de acreditadas firmas comerciais, que, presuntamente, pretendían vender en postos de venda ambulante.

O condutor do vehículo, que carecía da factura de compra, está acusado dun presunto delito contra a propiedade industrial.

 

Noticias web

10/01/2020

Máis sobre Vilaboa