CRTVG

Buscar

Comisan case 600 quilos de centola ilegal

Publicado o 09/11/2018 19:33

O luns os barcos volven á centola. Nestes días previos ao inicio da campaña os furtivos intensifican a súa actividade para, a partir do luns, intentar colocar no mercado a centola como se fose legal. O servizo de Gardacostas comisou nos últimos días case trescentos quilos de centola na ría de Arousa, máis de douscentos quilos de centola na ría de Pontevedra e 81 no porto da Coruña. Este crustáceo estaba en veda desde o mes de xuño cando rematou a campaña anterior que foi cualificada de histórica polo volume de capturas e pola facturación.

Noticias web

09/11/2018