CRTVG

Buscar

Comeza o xuízo político para destituír o presidente Donald Trump nos Senado dos EUA

Publicado o 22/01/2020 09:54

No Senado dos Estados Unidos comezou o xuízo político para destituír o presidente Donald Trump, cos dous bloque ben definidos, a maioría republicana en contra e os demócratas a favor.

As sesións serán de 12 horas e o grupo demócrata que exerce a acusación terá 24 horas repartidas en tres días para expoñer os seus argumentos, o mesmo que a defensa do presidente.

Se non se acepta a petición demócrata para que declaren novas testemuñas e se acepten novas probas, o xuízo podería durar pouco máis dunha semana.

Trump enfróntase aos cargos de abuso de poder e obstrución ao Congreso por meterlle presión a Ucraína para que investigase un rival político.

Noticias web

22/01/2020