CRTVG

Buscar

Comezan en Francia as homenaxes para despedir a Chirac

Publicado o 27/09/2019 08:18

O Pazo do Elíseo abriu as súas portas esta noite para recoller as condolencias dos franceses pola morte do ex-presidente Jacques Chirac, aos 86 anos.

O próximo luns decretouse día de dó nacional e nestas horas todos os líderes e ex-líderes políticos franceses loaron a personalidade de Chirac.

Tamén edificios emblemáticos de París como a Torre Eiffel apagaron esta noite as súas luces como homenaxe a quen foi ministro, alcalde de París e presidente de Francia.

Noticias web

27/09/2019