CRTVG

Buscar

Comezan as festas do San Froilán, con máis de 200 actividades

Publicado o 04/10/2019 14:43

Comeza a festa por excelencia do outono galego. Bota a andar unha nova edición do San Froilán e faino cun programa composto por máis de 200 actividades para todos os gustos e franxas de idade. Tampouco falta o polbo, o protagonista gastronómico das festas e as súas tradicionais casetas en que se xuntan cada ano familiares, amigos e compañeiros de traballo.

Pero non todo é polbo. Ao longo do recinto feiral podemos atopar outros moitos manxares tanto da terra como chegados de fóra.

Para o divertimento dos máis pequenos non faltan as numerosas e variadas barracas en que subir ou probar sorte. Tamén hai espazo para a artesanía e os produtos tradicionais: uns dos máis demandados, os zocos.

Esta festa atrae cada ano miles de visitantes e os hoteis da cidade roldan xa o 90% de ocupación para os días máis fortes da fin de semana. Con todo, hai diversidade de estadías, uns están reservados polos festeiros e outros polos traballadores do recinto feiral.

Esta fin de semana será a máis grande das festas. Mañá, día propio de San Froilán, é festivo local na cidade e pasado celebrarase o tradicional domingo das mozas. O escenario xa está preparado e pasarán por aquí, entre outros, La habitación Roja, Def con dos ou Dulce Pontes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/10/2019