CRTVG

Buscar

Comezan as alteracións na conexión a Madrid por mor das obras do AVE

Publicado o 09/05/2019 16:57

Ata o próximo día 24 deste mes de maio, que é cando está previsto que rematen esas obras. O groso das actuacións desenvólvese nos 14 quilómetros que separan a cidade das Burgas de Taboadela. Mentres tanto, como dicides, os viaxeiros dos máis de 150 trens afectados veranse obrigados a realizar parte do seu percorrido en autobús, en concreto ata Zamora. Pero estas obvias molestias están compensadas en parte por un desconto do vinte por cento que os viaxeiros poden solicitar ao seu regreso. Con todo, esta mañá algúns estaban máis informados que outros no momento de ter que subir ao autobús.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/05/2019