CRTVG

Buscar

Comezan a gravarse os 50 concertos do programa 'Galicia Emerxe'

Publicado o 27/08/2020 14:37

Cincuenta grupos e solistas galegos participarán desde hoxe nos concertos do programa 'Galicia Emerxe', que se van gravar na Cidade da Cultura e que van emitir a TVG e a Radio Galega.

Este ciclo de concertos forma parte do plan de reactivación do sector cultural impulsado pola Xunta debido á pandemia da covid-19.

A música da artista viguesa Woyza acompañou a presentación do ciclo de concertos 'Galicia Emerxe', que comezan a gravarse hoxe na Cidade da Cultura. 50 artistas do panorama musical galego pasarán por ese escenario durante as próximas 5 semanas.

"Moitos deles [son artistas] consgrados, pero moitos tamén descoñecidos, de diferentes estilos de música, e terán unha oportunidade de achegarse ao gran público", explica Román Rodríguez, conselleiro de Cultura.

Os 50 concertos, duns 40 minutos de duración, gravaranse ao vivo e emitiranse na TVG e na Radio Galega ao longo do próximo ano.

"É unha iniciativa para os nosos músicos emerxentes, para a música contemporánea, que precisa destas fiestras para chegar ás casas e ao público", explica Fernando Ojea, director da Área de Contidos da CRTVG.

As primeiras sesións gravaranse esta mesma tarde, dous concertos protagonizados pola veterana banda de Cerceda Zenzar e pola cantantade porriñesa Xoana.

Noticias web

27/08/2020