CRTVG

Buscar

Comezan a chegar os turistas ás vilas costeiras galegas

Publicado o 21/06/2020 14:47

Este hotel, o Gran Talaso- Hotel Sanxenxo, leva aberto desde o venres, aínda que desde unha semana antes tiveron unha persoa na recepción para ir pechando as reservas . Esta fin de semana que remata ocupárono basicamente galegos, que ían marchando ao mediodía, mentres os hóspedes de fóra de Galicia comezan a chegar. Porque xa é verán e porque a nova normalidade iguala a todas as comunidades autónomas españolas.

 As nubes negras deixaron a praia e o paseo bastante baleiro pero xa comezan a verse aparcados nas rúas os coches dos que teñen ou alugan piso na vila. Na primeira liña dos edificios da praia as ventás pechadas comezan a abrirse.

Ata o vindeiro venres, o 26 de xuño, nesta e noutras vilas do litoral galego non abrirán a maioría dos hoteis.
 

Noticias web

21/06/2020