CRTVG

Buscar

Comeza unha semana decisiva para Alcoa

Publicado o 05/10/2020 15:47

O futuro de Alcoa e dos traballadores encarreira unha dura recta final. Pendentes dunha xuntanza coas administracións, os traballadores continúan coa súa folga indefinida.

Esta mañá recibían o apoio da voceira nacional do BNG, Ana Pontón, quen anunciou novas iniciativas parlamentarias para esixir que se adopten medidas urxentes que garantan a actividade e eviten o peche previsto pola multinacional do aluminio.

O Goberno central e a Xunta van da man nestes momentos para garantir un futuro para a factoría de Alcoa. O socialista Gonzalo Caballero sinala que se Alcoa segue no bloqueo, "terá en fronte todas as administracións para actuar con contundencia".

Desde o PP recordan que a Constitución garante a propiedade privada, pero tamén que "a propiedade privada sempre está ao servizo do  interese xeral", indicou o voceiro popular Pedro Puy.

Noticias web

05/10/2020