CRTVG

Buscar

Comeza o xuízo polo crime de Ponte Caldelas: piden 20 anos por matar o marido da súa antiga amante

Publicado o 14/10/2019 14:06

Comeza na Audiencia Provincial de Pontevedra o xuízo contra Marcos Vidal, o home acusado de matar a coiteladas o marido da súa ex-parella. É con xurado popular e comezou con atraso pola súa composición. A fiscalía solicita 20 anos de prisión e a prohibición de achegarse á muller da vítima durante 25 anos, así como 90.000 euros de indemnización para a viúva e 40.000 para cada un dos pais da vítima. O avogado do acusado nega o asañamento.

Ás sete da mañá do 28 de novembro de 2015, Marcos Vidal desprazouse, supostamente, ata o piso en que residía o matrimonio en Ponte Caldelas. Tras comprobar que a muller durmira alí co seu marido, sorprendeuno a el cando saía do domicilio e introduciuno dentro, asestándolle ata 15 coiteladas. Segundo a fiscalía, colleu o móbil da vítima, fíxolle unha foto e envioulla á súa muller. Finalmente, asestoulle outra coitelada por detrás. A súa defensa solicita dúas atenuantes.

O acusado vai contestar ás preguntas de todas as partes. Está previsto que o xuízo remate o xoves.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2019