CRTVG

Buscar

Comeza o prazo de matrícula nos centros escolares

Publicado o 01/03/2021 08:35

Primeiro de marzo, cita coas matrículas escolares. Comeza o prazo para todos os que entren por primeira vez no sistema educativo, pero tamén para todos os que queiran cambiar de centro.

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, e tamén para o de infantil, primaria, secundaria ou bacharelato que desexe cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.

En caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade, establecidas por sorteo, son W e S para o primeiro apelido e B e F para o segundo. 

As solicitudes poden facerse de xeito telemático en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou de presencialmente nos centros escolares que se elixan como primeira opción. O prazo remata o 22 de marzo.

Noticias web

01/03/2021

Máis sobre actualidade