CRTVG

Buscar

Comeza o groso da colleita de pataca na Limia

Publicado o 23/09/2018 18:58

Na maior comarca produtora do país, está previsto que se apañen este ano máis de 90 millóns de quilos de pataca, é un 20 por cento menos ca o ano pasado. A causa foi a meteoroloxía. A forte chuvia da primavera, ao pouco da sementeira, e o mildio afectaron o cultivo. Porén, o prezo apunta alto, xa que a produción tamén é escasa no resto do Estado e en Europa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2018