CRTVG

Buscar

Comeza o forte da vendima en Monterrei e agardan recoller 5,6 millóns de quilos de uva

Publicado o 19/09/2019 14:07

Nos viñedos da adega Franco Basalo situados en Castrelo do Val comezaron a vendima recollendo a variedade mencía. Este é unha das 10 das 27 adegas amparadas pola Denominación de Orixe Monterrei que xa comezaron a recoller a uva.

Boa calidade e tamén cantidade é a valoración que fan dende o Consello Regulador. As previsións son boas e agardan superar de novo a marca de cantidade acadada o ano pasado.

A de Monterrei é a denominación de orixe máis nova de Galicia e para promover os seus viños brancos e tintos, nesta adegas apostan tamén polo enoturismo.

Estes días comezará a incorporarse aos traballos da vendima o resto de adegas de Monterrei e prevén que os labores de recollida se alonguen ata o vindeiro 12 de outubro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/09/2019