Comeza no 2020 unha nova década? A RAE responde
Publicado o 01/01/2020 15:29

Se vostede é dos que cren que si e xa fixeron unha chea de propósitos para a nova década poden ir pospoñéndoos para o ano que ven. A Real Academia Española aclarou nun chío que a década comeza no ano 2021 xa que no calendario gregoriano non existe o ano cero. A RAE tamén aproveitou para aclarar que non se debe dicir ano "vinte vinte".