CRTVG

Buscar

Comeza en Sevilla o xuízo dos ere polas axudas á empresa oliveira ACYCO

Publicado o 09/09/2020 16:05

En Sevilla, comezou xuízo contra seis ex-altos cargos do Goberno andaluz e outras seis persoas polas axudas supostamente fraudulentas que se lle concederon a unha empresa de olivas e conservas.

O xuízo é o segundo dos máis de 100 que se teñen que celebrar polos ere fraudulentos nesa comunidade. E comeza case un ano despois da sentenza pola denominada "peza política" desta macrocausa, que acabou coa condena dos ex-presidentes da Junta de Andalucía Manuel Chaves e José Antonio Griñán, xunto a outros 17 ex-altos cargos.

Desta vez, xulgaranse os case tres millóns de euros de axudas que se lle concederon á empresa oliveira ACYCO.

Noticias web

09/09/2020