CRTVG

Buscar

Comeza en Santiago o festival Cineuropa

Publicado o 06/11/2020 21:42


É un dos momentos máis agardados do mes de novembro en Santiago. Empeza 'Another Round', o drama danés-sueco que abre a edición máis atípica de Cineuropa. Canda el proxectaranse outras 95 películas, as máis delas e, seguindo a liña do certame, son filmes destacados en festivais internacionais de referencia. Películas que en Compostela sobreviven á pandemia.

Restricións que nin a ficción puido salvar : 30 espectadores por sala e labores de limpeza entre sesión e sesión. No cartel están representadas 38 nacionalidades diferentes, aínda que o 11 por cento son traballos galegos. Tamén galegos, e este ano na súa totalidade, son os Premios Cineuropa 2020. O festival recoñece o actor Javier Gutiérrez, o director e guionista Alfonso Zarauza, e a cineasta e escritora Margarita Ledo que achega a Cineuropa 'Nación', a historia das mulleres traballadoras de Pontesa.

Traballo e perseverancia tamén nesta edición do festival para demostrar que 'o cine non contamina' e que, ata o día 22, as súas historias devólvennos ao mundo libre de pandemia.





 

Noticias web

06/11/2020