O Caudal Fest en Lugo, música e festa á beira do Miño
Xa está en marcha o Caudal Fest. Entre hoxe e mañá agárdase que pasen polo recinto do pazo de Feiras de Lugo 31.000 persoas para desfrutar da música de, entroutros, Marea, Izal, A MODA, Pegatina ou o galego Xoel López.
Como xa se converteu en habitual nos festivais, a gastronomía ten un papel destacado coa presenza das coñecidas foodtrucks. Entre o público, todo tipo de idades e de motivacións: desde os que se apuntan á festa sen coñecer ningún grupo ata os fieis seguidores dalgún deles.
O único inconveniente para que o Caudal Fest sexa todo un éxito está no ceo. A previsión meteorolóxica pronostica chuvias para esta noite e para mañá. Con todo, a auga non semella facer desistir os amantes da música neste festival que se celebra grazas á colaboración do Concello de Lugo.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí