CRTVG

Buscar

Comeza en Huesca o xuízo pola morte de Naiara Valentina

Publicado o 15/09/2020 14:42

Comezou esta mañá en Huesca o xuízo pola morte de Naiara Valentina.

Coa elección do xurado dáse inicio a un proceso que conta con máis de 32 testemuñas e a presentación de 15 informes periciais. As malas notas escolares da cativa, de só oito anos de idade, foron a escusa esgrimida polo presunto autor da morte para sometela a todo tipo de agresións físicas durante cinco horas que lle provocaron feridas moi graves que acabaron coa súa vida.

Tanto a Fiscalía como as acusacións particulares piden para o principal acusado unha condena de prisión permanente revisable. Os feitos sucederon en 2017 na localidade de Sabiñánigo.

Noticias web

15/09/2020