CRTVG

Buscar

Comeza a Volvo Autesa Cup en Sanxenxo

Publicado o 11/09/2020 15:46

Volven as velas de competición á ría de Pontevedra.

A prudencia marcou tamén o calendario de regatas deste ano.

O náutico de Sanxenxo foi un dos que resistiu ben unha temporada en que a presenza de embarcacións deportivas chegadas de fóra foi moito menor. Mesmo poden rematar o ano cunha facturación superior á do 2019. E as previsións que teñen para competicións e visitantes para o vindeiro Xacobeo son boas.

Durante toda a fin de semana, as augas da ría de Pontevedra ofrecerán o espectáculo da competición a vela, cun Pedro Campos á cana do Bribón, moi satisfeito calquera que sexa o lugar que ocupe na clasificación final.

 

Noticias web

11/09/2020