CRTVG

Buscar

Comeza a venda de viaxes do Imserso

Publicado o 14/10/2019 15:26

Farano primeiro en sete comunidades autónomas. No resto, incluída Galicia, será a partir do mércores 16. Nas compras que se realicen entre o martes e o venres próximos, a saída da viaxe deberá ser necesariamente desde a provincia de residencia do usuario.

Desde o 19 de outubro e durante toda a temporada, as persoas acreditadas no programa poderán reservar viaxes ao destino que desexen, na costa peninsular ou insular e turismo de interior, e con saída desde calquera provincia.

O programa ofrece 900.000 prazas en toda España e nel participan uns 300 hoteis.

Noticias web

14/10/2019