Comeza a tramitarse no Parlamento a nova lei para proxectos empresariais
Publicado o 07/12/2020 15:36
Xa está no Parlamento a lei anunciada polo Goberno galego para simplificar os trámites para a creación e xestión das empresas. Esperan que quede aprobada no mes de marzo.
A lei inclúe a posta en marcha dunha oficina para apoiar proxectos empresariais, con asesoramento e novas vías de financiamento.
Haberá incentivos fiscais para empresas en zonas máis afectadas pola crise. Tamén se van eliminar moitos trámites administrativos innecesarios.
"É unha norma que busca eliminar calquera burocracia prescindible, para que a Administración autonómica se converta nunha aliada e non nun atranco tanto para cidadáns como para empresas", dixo Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda.
Máis sobre actualidade
04/03/2021 19:25
04/03/2021 17:30
04/03/2021 17:19