CRTVG

Buscar

Comeza a rolda de consultas para a investidura, con Sánchez pendente de ERC

Publicado o 10/12/2019 07:55

• O rei xa recibiu os representantes de Foro Asturias, Teruel Existe e PRC. O deputado cántabro trasládalle que apoiará a Sánchez

O rei comeza a rolda de contactos para a investidura, co foco mediático sobre un dos partidos que non asiste a ese encontro con Filipe VI. Esquerra volve arrefriar a intención do PSOE para lograr un goberno antes do Nadal, e esgrime o seu propio calendario, en que pesa a situación penitenciaria de Oriol Junqueras.

Hoxe reúnense cos socialistas en Barcelona. Será ás doce do mediodía esa reunión dos habituais equipos negociadores. Rodeados esta vez de chamamentos do PNV e de En Comú para que a Esquerra Republicana de Catalunya non free o calendario da investidura de Sánchez.

Un calendario que se abre hoxe coas coas consultas do rei, pero que Esquerra terá que acompasar con outras datas de impacto para o seu electorado: a revisión do grao penitenciario dos presos do 'procés', esta mesma semana; a resolución do Trinual de Xustiza da Unións Europea sobre a inmunidade de Junqueras e o propio Congreso da formación, o día 21.

Así, Ciudadanos insiste en pedirlle unha viraxe a Sánchez "para un acordo de lexislatura con Ciudadanos e co PP, que suma 221 deputados". 

Pedro Sánchez pecha mañá a rolda de consultas co rei, coas negociacións avanzadas co seu socio de coalición, Unidas Podemos, e cunha estrutura de goberno xa moi adiantada en que, declarou o presidente en funcións, haberá algunha sorpresa.

Este martes, o deputado de Foro Asturias, Isidro Martínez Oblanca, foi o encargado de iniciar as conversas co monarca.

A continuación foi Tomás Guitarte quen acudiu á Zarzuela como representante de Teruel Existe, formación que nesta lexislatura se estrea no Congreso dos Deputados.

O deputado do Partido Rexionalista de Cantabria (PRC), José María Mazón, foi o terceiro en acudir ás consultas convocadas polo rei Filipe VI, a quen lle trasladou a intención do seu partido de apoiar a investidura de Pedro Sánchez.

 

 


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2019