CRTVG

Buscar

Comeza a rodaxe da película 'Ons'

Publicado o 07/10/2019 14:34

O director de cine Alfonso Zarauza comeza mañá a rodar a película Ons. Cinco semanas e media estarán na illa, que será un personaxe máis da longametraxe que van protagonizar Antonio Durán 'Morris' e Melania Cruz.

Actores, director e representates das administracións que colaboran no financiamento presentaron hoxe o inicio da rodaxe e destacaron que a película, na que tamen participa a CRTVG, vai axudar a poñer o arquipélago e o Parque Nacional das Illas Atlánticas no mapa cinematográfico internacional.

O conselleiro de Cultura suliñou que proxectos coma esta poñen en valor o potencial da paixase galega como escenario para producións audiovisuais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019