CRTVG

Buscar

Comeza a remitir o temporal na provincia de Lugo, onde continúa a neve nos cumios máis altos

Publicado o 15/11/2019 21:14

O temporal comeza a remitir, pero a neve continúa nas zonas altas da provincia de Lugo. Este é o aspecto do Cebreiro. Un espeso manto de ata trinta centímetros cobre o poboado, onde neva con intensidade desde onte.
A temperatura continúa a ser baixa, pero non é obstáculo para se achegar ao Cebreiro
Recoméndase viaxar con cadeas ou pneumáticos de inverno. As estradas están limpas, pero a neve constante fai que por momentos se cubran.
Para evitar problemas polo temporal decidiuse suspender as clases en quince colexios da montaña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019