CRTVG

Buscar

Comeza a operación da DXT polo 15 de agosto

Publicado o 14/08/2020 16:47

A Dirección Xeral de Tráfico pon hoxe en marcha a operación especial de tráfico do 15 de agosto.

A DXT vai intensificar a vixilancia desde terra e desde o aire para evitar accidentes, a pesar de que os desprazamentos de longo percorrido descenderon nas dúas primeiras fin de semana de agosto case un 15 por cento con respecto ao ano pasado.

Nesta operación especial de tráfico, Tráfico vai controlar as estradas con máis de 1300 radares de velocidade. Despregará tamén 216 cámaras para vixiar o uso do teléfono móbil ao volante e haberá 11 drons sobrevoando as estradas.

A DXT lembra que 487 persoas faleceron en accidentes de tráfico no que vai de ano, polo que fai un chamamento á prudencia e á responsabilidade por parte dos condutores.

 

 

 

Noticias web

14/08/2020