CRTVG

Buscar

Comeza a instalación de carteis informativos na praia das Catedrais para a Semana Santa

Publicado o 25/03/2019 14:45

A sinalización na praia das Catedrais vai ser reforzada. Para a inminente Semana Santa, instalaranse unha trintena de novos carteis. Neles advertirán os visitantes sobre cales son os lugares máis perigosos ou cun maior risco de desprendementos. Quérense, así, evitar accidentes como o que o ano pasado lle custou a vida a unha turista.

"A sinalización é fundamental para evitar riscos e accidentes e para indicar os itinerarios. É fundamental".

"Chegamos, lemos as indicacións, que me parecen correctas, e tomaremos as medidas que sexan necesarias para non pasar perigo ningún".

"Cantos máis avisos haxa, mellor. A primeira vez que vin só había un cartel de non subir ás rochas altas e non había máis nada. É perigoso".

"Para min está ben sinalizado. Tendo coidado, pásalo ben e míralo todo. Con precaución, claro".

"Deixalo ben claro con letreiros. Hai algún que está un pouco desgastado, que non se pode ler moi ben, pero tamén creo que a xente vén e marcha rapidamente, e non le demasiado. Se se poñen letreiros, pois xa é responsabilidade do que vén se non os le, digo eu".

Segundo Medio Ambiente, a nova sinalización deberá estar instalada o vindeiro 12 de abril. Previamente, os técnicos deste departamento e unha xeóloga inspeccionaron o areal, que xa contaba con novos carteis a consecuencia do accidente mortal da pasada Semana Santa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2019