CRTVG

Buscar

Comeza a ampliación das urxencias do CHUS

Publicado o 08/07/2020 13:38

Comezaron as obras de ampliación das urxencias do Hospital Clínico de Santiago, que inclúen unha sala de observación con corenta camas novas.

Esta ampliacion pretende garantir a capacidade de resposta no caso de incrementos importantes de casos de coronavirus. As novas camas irán destinadas a doentes con covid-19 ou para outros con doenzas xerais en función do que se precise en cada momento.

A ampliación ten un custo de 1.300.000 euros e as obras está previsto que rematen a finais de setembro.



 

Noticias web

08/07/2020