CRTVG

Buscar

Comerciantes e hostaleiros de Vigo piden que non lles cobren taxas municipais mentres estean pechados

Publicado o 20/03/2020 13:50

Os comerciantes e os hostaleiros de Vigo piden que mentres dure esta situación de alarma non se lles cobre ou se reduzan os impostos e taxas municipais como lixo, auga ou Imposto de Actividades Económicas.

Moitos negocios non saben o tempo que poden aguantar facendo pagamentos e sen recibir ingresos.

Para moitos negocios non é doado sobrevivir coa persiana baixada.Sen ingresos e con moitos gastos fixos; por iso os comerciantes e os hostaleiros de Vigo piden que se perdonen, restrasen ou se faga unha moratoria destes pagamentos mentres dure a crise sanitaria.

A auga, o consumo eléctrico, o do gas ou as taxas de terrazas nalgúns concellos afogan aos pequenos empresarios. Os do téxtil desaproveitaron as vendas do día do pai e os da hostalaría xa dan por perdida a campaña da semana santa. Tamén perderon cartos en suministros. En Vigo xa quedan só quedan dous pequenos hoteis abertos. O sector agradece a medida do goberno de obrigar ao peche nunha semana.

Os hosteleiros tamén están pagando algunhas plataformas televisivas das que emiten o fútbol, sen partidos e sen posibilidade de abrir as cafeterías e restaurantes.


 

Noticias web

20/03/2020