CRTVG

Buscar

Colombia inaugura o túnel da Linea, o máis longo de América Latina

Publicado o 05/09/2020 11:14

O túnel atravesa a cordilleira central dos Andes e constitúe a obra máis importante da enxeñería colombiana, "o soño de máis dun século", en palabras do presidente Iván Duque. A obra ten unha lonxitude de 8.650 metros e na súa construción participaron máis de seis mil traballadores.
A idea expúxose por primeira vez en 1902 pero non se iniciou ata 2008. As fallas xeolóxicas e os problemas de corrupción paralizárona en varias ocasións. A nova infraestrutura, que precisou dun investimento duns 270 millóns de dólares, inaugurouse este venres e facilitará os transportes entre as cidades do suroeste como Cali, no val do Cauca, ou Armenia con Bogotá.
 

Noticias web

05/09/2020