CRTVG

Buscar

Dous estudantes falecidos nun tiroteo nun instituto dos Ánxeles

Publicado o 15/11/2019 08:18

Un tiroteo nun instituto estadounidense deixa dúas vítimas mortais. Foi nunha escola de Santa Clarita, a 85 quilómetros ao norte dos Ánxeles, á primeira hora da mañá do xoves.

Dous mozos de 14 e 16 anos faleceron e outros 4 quedaron feridos. Un dos feridos é o autor do ataque e está hospitalizado en estado de morte cerebral. As imaxes das cámaras de seguridade do centro revelaron que disparou contra un grupo que estaba no patio e logo intentou suicidarse cun tiro na cabeza.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019